A denominada Enfermidade de Kawasaki é unha inflamación das arterias do organismo. Ésta preséntase con máis frecuencia en Xapón, onde foi descuberta por primeira vez e en xeral afecta aos nenos menores de cinco anos.
Unha subida de febre alta, alcanzando os 40ºC, e resistente, que dura sobre uns cinco días, é un signo deste trastorno. A febre pode durar hata dúas semanas e non desaparece con tratamentos normais como os coñecidos Paracetamol ou o Ibuprofeno.
Os nenos con esta enfermidade, teñen que acudir o máis rápido posible ao hospital para ser ingresados e poder darlle o tratamento; unha dose de Gammaglobulina intravenosa, con isto, o neno mellora a partir das 24 horas seguintes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario